jueves, 11 de diciembre de 2025

MATEMÁTICAS AO BAÑO MARÍA... Formas planas Vs. Corpos xeométricos

Na ensinanza da xeometría infantil adoita asumirse que as formas planas deben presentarse antes ca os corpos xeométricos. Porén, esta secuencia merece ser cuestionada. 


A experiencia cotiá dos nenos e nenas é tridimensional: xogan con pelotas, constrúen con bloques, manipulan obxectos que teñen volume. 

O ESPAZO que habitan 

é 3D, non 2D.


Desde esta perspectiva, os corpos xeométricos deberían ocupar o primeiro lugar na ensinanza, porque responden á percepción natural e concreta da infancia. 

A nivel internacional, Clements e Sarama (2009) mostran como os nenos progresan desde a manipulación de corpos xeométricos cara á abstracción das formas planas. Esta idea reforza que o plano non é un prerrequisito, senón unha derivación conceptual do volume. 

En definitiva, 

a xeometría infantil non debería comezar no papel, 

senón no espazo

Só desde a manipulación do tridimensional se constrúe unha ponte sólida cara á comprensión do bidimensionaL!!!

sábado, 6 de diciembre de 2025

ERROR Al DENTE I... Descubrindo o valor posicional desde a manipulación e a espera

Ás veces a aula convértese nunha cociña de aprendizaxes onde os ERROS son o ingrediente secreto. 

Nesta proposta, cada estudante de 5 anos tiña que 

ordenar de menor a maior cinco botellas de auga numeradas 

O reto comezaba coa estimación e a comparación: mirar, manipular, coller, sentir o peso.

Despois ofrecíaselles dúas ferramentas distintas —balanzas dixitais e analóxicas— e cada neno escollía segundo as súas preferencias. Con elas repetían o proceso de ordenación. Neste camiño, os nenos manipulan, estiman e rexistran os resultados, facendo visible o seu propio proceso de pensamento.

E entón ocorre a maxia: o que semellaba un erro inicial transfórmase en descubrimento. As preguntas da mestra, a espera e a interacción co material abren a porta a unha aprendizaxe profunda: o valor posicional dos números. Non se trata de memorizar, senón de experimentar, de equivocarse e volver probar. O erro, lonxe de ser un obstáculo, convértese nun camiño para comprender que os números non son só símbolos, senón relacións que se poden tocar, comparar e ordenar.

A cociña matemática recórdanos que a paciencia e a manipulación son claves para que os nenos descubran por si mesmos conceptos tan abstractos como o valor posicional. A maxia está en esperar, en acompañar, en deixar que o erro se coza… al dente.

Descubre en el siguiente vídeo como se tranformou o erro... 


viernes, 5 de diciembre de 2025

COCIÑANDO MATES DESDE A INFANCIA... ATA O MÁIS ALÁ

 Queridas lectoras e lectores:

Este blog renace. Durante máis de dez anos foi un diario de aula de infantil, cheo de actividades e experiencias (non só matemáticas) compartidas cos máis pequenos.

Hoxe, tres anos despois, desde a miña nova etapa como formadora de mestres, quero abrir de novo esta cociña de ideas.

QUE ATOPARÁS AGORA?

1. MATEMÁTICAS AO BAÑO MARÍA

Reflexións provocadoras sobre a didáctica das matemáticas, os procesos fundamentais na infancia e como se transforman na formación docente.

2. RECEITAS SEN RECEITA

Recomendacións de artigos, libros e investigacións que inspiran novas formas de pensar e ensinar as matemáticas.

3. OBRADOIROS CON SABOR

Experiencias prácticas de cursos e actividades en centros, contadas desde a cociña da aprendizaxe compartida.

4. ERROS AL DENTE

O tratamento do erro como punto de interese: equivocarse como ingrediente clave para aprender e reflexionar.

POR QUE "ATA O MÁIS ALÁ"?

Porque as matemáticas NON se quedan na aula: 

viaxan connosco, convértense en preguntas e acompáñannos en cada etapa.

Este espazo quere explorar ese máis ALÁ: o que une 

INFANCIA, FORMACIÓN e VIDA.

Grazas por volver entrar nesta cociña. Aquí seguimos, con ganas de... 

MESTURAR INGREDIENTES, 

PROBAR NOVAS RECEITAS

E COMPARTIR O SABOR DAS MATEMÁTICAS!

miércoles, 30 de noviembre de 2022

PECHE... EU COCIÑO, TI COCIÑAS?

PECHE  DO RESTAURANTE COKI...

E COMO NON PODÍA SER DOUTRA MANEIRA,
CUNHA RECEITA
E CON COCIÑEIROS DE LUXO...

SOBRAN AS PALABRAS...
AS IMAXES FALAN POR SI SOLAS!!!
PREME E O VERÁS! 

NON SE PODE TER MELLOR FIN...
SODES OS MELLORES
COCIÑEIR@S, FAMILIAS E PILI!!

MOITÍSISISISIAS GRAZAS MARGA,
POLO TEU TEMPO E AMABILIDADE!!!
FOI UN PRACER CONTAR CONTIGO ESTAS SEMANAS
MOITÍSIISISMA SORTEEEEEEEE...

E MOITÍSSIISISMOS PARABÉNS COCIÑEIR@S...
POLO VOSO TRABALLO AO LONGO DESTE 1º TRIMESTRE!!!

LEMBRÁDEO SEMPRE, 
TODO, TODO CON ESFORZO SEMPRE SE CONSEGUE!!!
ÓXALA CHEGUEDES MOI LONXE
E LOGREDES AS VOSAS METAS!!!
UNHA APERTA
MOI, MOI GRANDE...
ATA SEMPRE...


jueves, 3 de noviembre de 2022

FALADOIRO DE RUFINO... COCIÑANDO APARATOS 5

NOVA XORNADA 

DO 

"FALADOIRO DE RUFINO"

HOXE VISITOUNOS BEA

A MAMÁ DE MARCO,

E PROPÚXENOS UN MENÚ...

APARATOSO E 

XE NIA LÍÍÍÍÍÍ SI MO!!!

DE 1º  UN CONTO...



QUÉ SABROSO...
COMO NOS GUSTOU!!!

DE 2º APARATOS..

E DE POSTRE...

UNHA RICA E DOCE

HUMANA!!!

E PARA TERMINAR...

SORPRESA!!!

UNS SISTEMAS RESPIRATORIOS...

DE AGASALLO!!!

MOITÍSISISIMAS GRAZAS BEA

POLO TEU TEMPO, AMABILIDADE E COÑECEMENTO,

UN LUXO TERTE NESTA XORNADA...

COMO GOZARON OS NENOS E OS NON TAN NENOS!!!

ATA A PRÓXIMA!!!


miércoles, 26 de octubre de 2022

FALADOIRO DE RUFINO... COCIÑANDO O ESQUELETE DE MIRÓ 4

 HOXE NO

"FALADOIRO DE RUFINO"

VISITOUNOS ANABEL

A MAMÁ DE EMMA D,

E PROPÚXENOS UN MENÚ...

- ÓSEO -

CUNHA PIZCA DE MIRÓ
SA BRO SÍ SI MOOOOOOOO!!!!

PRIMEIRO... UN CONTO CON FUNDAMENTO!!!

E DE POSTRE...

UNHA SORPRESA MOI ESPECIAL...

REENCANTOUNOS, MONTAMOS E DESMONTAMOS...

E SEMPRE A PERFECCIÓN

O MONTAMOS!!!

(NON ERA DE ESPERAR MENOS...)

QUE BEN O PASAMOS E CANTO APRENDIMOS CO ESQUELETE DE ANABEL...

GRAZAS ANABEL

POLO TEU TEMPO, AMABILIDADE E COÑECEMENTO,

UNHA XORNADA...

ESTUPENDÍSIMAAAAA!!!

ATA A PRÓXIMA!!!








jueves, 20 de octubre de 2022

FALADOIRO DE RUFINO.... COCIÑANDO AS EMOCIÓNS 3

 HOXE NO

"FALADOIRO DE RUFINO"

VISITOUNOS BEA

A MAMÁ DE RODRIGO,

E PROPÚXENOS UN MENÚ...

- EMOCIONANTE -

TODO, TODOOOOOOO CON MOITO SENTIMENTO!!!!

RI QUI SI MOOOOOOOO!!!!

APERITIVO... UN CONTO!!!

E A CONTINUACIÓN...

DE 1º PUZZLES...

DE 2º HISTORIAS...

DE 3º COMPOSICIÓNS...

E DE POSTRE... 

UNHA PIÑA SENTIMENTAL!!!

QUE BEN O PASAMOS E CANTO APRENDIMOS DE EMOCIÓNS...

E PROBA DELO... 

VOS DEIXAMOS ESTE VÍDEO

ONDE VEREDES O QUE CLARO QUE NOS QUEDOU

"FELIZ" 

                      

GRAZAS BEA

POLO TEU TEMPO, AMABILIDADE E COÑECEMENTO,

UNHA XORNADA...

XENIALÍSISISIMA!!!

INCLUÍNDO SORPRESA FINAL...

ATA A PRÓXIMA!!!


jueves, 13 de octubre de 2022

FALADOIRO DE RUFINO... COCIÑANDO OS SENTIDOS 2

 HOXE NO

"FALADOIRO DE RUFINO"

VISITOUNOS BIBI

A MAMÁ DE CANDELA,

E PROPÚXENOS UN MENÚ...

- CON SENTIDOS -

DE LI CA TE SEM!!!

APERITIVO... UN CONTO!!!

E A CONTINUACIÓN...

DE 1º TACTO E OLFATO...

DE 2º VISTA...

DE 3º OÍDO ...

E DE POSTRE...

UNHA SEÑORA PATATA!!!

QUE BEN O PASAMOS E CANTO APRENDIMOS!!!

GRAZAS BIBI

POLO TEU TEMPO, AMABILIDADE E COÑECEMENTO,

UNHA XORNADA...

XENIALÍSISISIMA!!!

ATA A PRÓXIMA!!!